Saltear al contenido principal

Prácticas en COREN

Ola, son Jonathan Domínguez (Ourense) e as miñas prácticas realiceinas en COREN S.C.G., a primeira cooperativa agroalimentaria de España. O meu posto de traballo atopábase na sede social e oficinas centrais, en Santa Cruz de Arrabaldo, no concello de Ourense. Durante catro meses en total, estiven facendo todo tipo de tarefas relacionadas cos contidos do mestrado. 

Oficinas Centrais de COREN
Por unha banda, nas oficinas os traballos foron fundamentalmente relacionados co cumprimento legal. Así fixen varias avaliacións de impacto ambiental; estudos de impacto e integración paisaxística; legalización de pozos; autorizacións de verquido; plan de xestión de xurros; recursos administrativos; introducción de datos sobre emisións, residuos, etc. nas plataformas web da administración; tarefas diarias de xestión e administración; etc. 
Por outra banda, fora das oficinas, coñecín a fondo as explotacións (avicultura e porcino) e as industrias (matadoiros, fábricas de piensos, incubadoras, etc.), facendo visitas a todas elas. Colaborei nas inspeccións a todas elas e participei na solución de problemas específicos sobre o terreo. A acollida do equipo de medio ambiente foi moi boa, cunha atención permanente e en xeral co resto de compañeiros tamén. 
Logo de catro meses de traballo podo dicir que a integración é total e a miña adaptación ao posto practicamente tamén. Estas prácticas foron unha moi boa experiencia, tanto polo contacto co mundo laboral, como polo desenvolvemento das competencias adquiridas durante o mestrado.

Jonathan Domínguez
 

Rede
Faitic

Volver arriba